Código de la ayuda: CO300C
Obxecto
Concesión de subvencións da Consellería de Economía, Industria e Innovación para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal.
Estas axudas pretenden que os comercios retallistas e os obradoiros artesáns se adecuen á nova realidade e introducir novas tecnoloxías dirixidas a transformar dixitalmente os seus negocios dunha forma progresiva e coherente coas necesidades do sector.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio
separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os requisitos establecidos tanto os comerciantes retallistas como
obradoiros artesáns.
Sempre que reunan os requisitos establecidos nas bases e que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Requisitos
Comerciantes retallistas:
- Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.
- Que teñan a condición de peme conforme o establecido no normativa europea.
- Que estean dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan nos anexos II e III das bases e que esta constitúa a actividade para a cal vai dirixida a subvención.
- Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE
Obradoiros artesáns
Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o último día do prazo
establecido para a presentación de solicitudes.
Non poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas en crise.
Carácterísticas das axudas
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis.
O importe das subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras axudas e subvencións das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total do investimento subvencionable.
As subvencións previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra da mesma ou distinta consellería, para os mesmos conceptos subvencionables e a mesma persoa beneficiaria.
En todo caso, estas axudas son incompatibles coas axudas do programa Bono enerxía peme (IN417Z) para a mesma categoría de actuacións subvencionables.
Actuación subvencionables e contías
Comerciantes retallistas con tenda física:
Liña de dixitalización comercial.
Establécense dous programas de e-commerce en función do grao de dixitalización do comercio, que son incompatibles e excluíntes entre si:
- Programa e-commerce I (comerciantes retallistas sen páxina web): Dirixido á dixitalización básica do contorno comercial omnicanle. Supón obrigatoriamente a
realización do conxunto de actuacións establecidas no art 4.1.s) do Anexo I das bases
- Programa e-commerce II (comerciantes retallistas con páxina web, con ou sen venda en liña, que teñan implantado o programa e-commerce I): Dirixido á dixitalización avanzada do contorno comercial omnicanle a través das actuacións establecidas no art. 4.1.b) das bases
A porcentaxe da subvención será o 75 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):
Liña de innovación comercial
Programa smart retail (comerciantes retallistas que teñan implantado o programa ecommerce I e, no seu caso, páxina web con venda en liña): Dirixido á transformación
dixital do punto de venda e modelo de negocio, a través das actuacións establecidas nas bases.
Programa visual merchandising (comerciantes retallistas que teñan implantado o programa e-commerce I): Dirixido á mellora da experiencia de compra, a través das actuacións reguladas nas bases. En todo caso, as actuacións comprendidas neste programa deberán situarse no punto de venda e incluír o software para a programación e emisión de contidos dixitais. Consideraranse subvencionables os gastos relativos á elaboración destes contidos.
A porcentaxe da subvención será o 75 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):
Liña de modernización comercial:
Programa eficiencia (obradoiros artesáns con tenda física): Dirixido á mellora da eficiencia enerxética da tenda física, a través de diversas actuacións establecidas nas
bases.
Programa reforma (obradoiros artesáns con tenda física): Dirixido á mellora da imaxe da tenda física, a través de diversas actuacións establecidas nas bases.
Programa equipamento (obradoiros artesáns con ou sen tenda física): Adquisición, en réxime de propiedade, de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal, que deberán ser, en todo caso, de primeiro uso; en concreto, maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal, así como outra maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade comercial ou artesanal, que melloren o deseño e a calidade do produto final.
A porcentaxe da subvención será o 60% dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído):
Forma e plazo de presentación
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
https://sede.xunta.gal
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes: do 3 de febreiro ata o 4 de marzo de 2024
Unha vez finalizado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a cinco meses, contados a partir do día seguinte ao do remate do prazo de presentación de solicitudes, transcorrido o dito prazo para resolver sen que se dite resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes.
Publicación no DOG
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240202/AnuncioG0692-110124-0004_gl.pdf
Información ofrecida por nuestro partner ADM Asesores – Delegación Boiro